

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu esta mañá no Pazo Municipal de María Pita o nadador paralímpico coruñés Jacobo Garrido, que vén de acadar tres diplomas olímpicos nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020.
A edil de Deportes asegurou que o deportista do Liceo «é un claro exemplo de superación e do que significa o esforzo». «Estamos moi orgullosos de recibir hoxe a un dos nosos heroes coruñeses de Xapón 2020 aquí, na súa casa», apuntou Martínez. Jacobo Garrido é un dos deportistas beneficiarios das bolsas paralímpicas do Concello da Coruña na aposta do Goberno de Inés Rey por conceder axudas individuais e apoiar ao deporte herculino.